Tomiño tínguese de negro para rexeitar a violencia machista

Unha trintena de persoas concentraronse este venres polo noite na Praza do Seixo de Tomiño, para mostrar a súa repulsa contra a Violencia de Xénero.

Na concentración, convocada pola oficina municipal de Igualdade do Concello, a alcaldesa, Sandra González, leu un manifesto contra a violencia machista. Entre os asistentes o acto estaban mozos e mozas do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas”.