Esta semana rematarán os traballos de asfaltado de trece rúas da parroquia de Camos por importe de 142.731 € a cargo do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.
Estas atópanse nos barrios de As Pedras, A Lama, A Touza, O Carballal, A Cruz, Marín, Vilar, O Sobral, A Rotea (segunda fase) e A Carballeira.
As obras de pavimentación abranguen rúas como Baleazas, reclamada dende a comunidade educativa para acceder de xeito máis seguro ao CEIP da Cruz, ou Camiño das Pedras e Candosa (onde se instalou abastecemento) ou os camiños Fonte Santa, Lodeiro, Sixón, Touza, Seixo, Cruceiro, Piñeiro, Lameiro, Sobral, Rotea.