Helen & Shana

O vindeiro venres día 14 de xuño arrancará o «Música nas Prazas 2019», cuarto ano desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello da Guarda e que este ano contará con 3 concertos nas Prazas de San Queitano, As de Copas e Os Seixiños.

Os encargados de abrir a programación de Música nas Prazas é o grupo de Rap guardés «Caramelo Crew», un grupo formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (Jose Mauri), que encherán de música a Praza de San Queitano dende as 22:00h do venres 14 de xuño.

A vindeira cita será o 16 de agosto ás 22:00h na Praza do As de Copas, coa actuación do grupo «Blues do Pais», e para rematar o 13 de setembro, ás 22:00h na Praza dos Seixiños, coa actuación de Helen & Shana.