Durante esta semana, do 7 o 11 de outubro, tres mestres do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “III Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín) en Irlanda.  Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o centro “Promovendo estilos de vida felices e saudables”.

Os docentes do centro escolar tudense participan conxuntamente con outros das escolas asociadas no proxecto:

  • Colexio Christian Brothers ‘Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador.
  • Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese -Italia).
  • CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante -España).
  • Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín -Irlanda).
  • Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).

Na xornada de hoxe, martes 8 de outubro, o profesorado foi recibido e visitaron a escola de Dublín, para coñecer o seu sistema educativo, as aulas, o alumnado, etc… Tamén tiveron oportunidade de aprender danzas e bailes tradicionais de Irlanda.

Na xornada do mércores, terá un curso de adestradores de Hurling, un deporte de orixen celta, que se xoga principalmente en Irlanda e que traerán a Tui para que o coñeza o alumnado do centro educativo.

O xoves, para rematar a estadía en Dublín, a formación xirará entorno ao desenvolvemento do proxecto: proposta de actividades para este curso: mindfulness (relaxación), alimentación sa e saudable e actividade física. Así, como coordinar as viaxes previstas para este curso:

  • Viaxe a Torrevieja (Alacante) do alumnado de 6º EP do colexio que viaxará en marzo de 2020 e que coincidirán alí cos compañeiros/as de Alacante e de Varese (Italia).
  • Viaxe a Tui do alumnado da Escola Abadias de Figueira da Foz (Portugal) e do alumnado do Colexio as Culturas de Torrevieja (Alacante).

Viaxes nos que o alumnado afondará na temática do proxecto ademais de fomentar lazos deportivos, culturais, gastronómicos, etc.

Así mesmo, no centro estase a traballar para poñer en marcha o proxecto para este ano:

  • Coincidindo coa Semana Europea do Deporte e o Día Europeo do Deporte o centro inicia a Milla Erasmus de Lúa, onde cada día, no recreo, o alumnado percorre millas para axudar a Lúa (a mascota do colexio a dar a volta ao mundo).
  • Nos días inicias do curso, leváronse a cabo numerosas promocións deportivas, en colaboración cos clubs de Tui para animar a todo o alumnado a facer actividade física e saudable.
  • Na vindeira semana, terán lugar as xornadas de iniciación do proxecto para este curso, onde mindfulness, ioga, a alimentación sa serán os protagonistas, con obradoiros, proxeccións de curtas e películas educativas neste senso. Lúa ten grandes ideas para este curso entre as que se atopa un posible restaurante saudable.
  • Tamén, sumándose á concienciación polo cambio climático, xa está a funcionar a patrulla ecolóxica que cada día traballa para concienciar a todo o alumnado na importancia da recollida selectiva dos residuos que xeramos na escola.
  • Siguen este ano potenciando a horta escolar, promovendo o cultivo de alimentos ecolóxicos. En colaboración co Equipo Plurilingüe do centro, a horta dará un paso adiante na organización e deseño das zonas de cultivo, instalando bancais e outros elementos decorativos, facendo dela un espazo acolledor, dinámico e atractivo. Sendo o seu obxectivo, que nela medren verduras e alimentos que posteriormente cociñaremos no restaurante de lúa para desgustar.

Por diante, o centro ten un curso cheo de celebracións: Samaín, Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas… Este Proxecto de Centro, co bo facer de profesorado , alumnado, familias e o conxunto da comunidade educativa, servirá para ter unha vida máis “San, Saudable e Feliz”.