Clube Spartan Team de Tomiño

Este sábado, a partir das 20:30 horas no pavillón deportivo de Salceda de Caselas, tres representantes do clube Spartan Team de Tomiño estarán disputando diferentes competicións de boxeo, no evento organizado polo clube local, o Kick & Box club Salceda.

O puxil Daniel Fernández, competindo na categoría dos Promesas (iniciados) nos 75kg, disputará as eliminatorias e tratará de clasificarse para a final.

David Novoa, puxil que xa estará competindo na categoría clubs (avanzados), disputará a final dos 64kg ante o rival local Bryan Álvarez.

E a última representación do Spartan Team neste evento será Charly López, ainda que disputando un simple combate de rodaxe será un dos pratos fortes da noite  facendo un dos cruces de peche de velada.

Sen dubida un gran evento que ningún afeccionado aos deportes de contacto debería perderse.