Esta fin de semana celebrarase no pavillón municipal Daniel Cordido de Lugo, o cuarto Torneo de Tecnificación de Seleccións Autonómicas, con presenza de tres xogadores do equipo local A Guarda Hockey Liña nas distintas categorías.

O Torneo disputarase nas categorías alevín, infantil e feminino Sub 20 entre as Seleccións Autonómicas de Catalunya, Andalucía, Euskadi, Comunitat Valenciana e Galiza, que exerce coma anfitrioa desta edición.

As xogadoras Sheila Silva (porteira), Alejandra Lorenzo e o xogador, Tomás Gutiérrez, formarán parte da Selección Galega de Hockey Liña que tomará parte nesta competición representando ó Clube local A Guarda Hockey Liña.