Esta fin de semán disputouse no pavillón de Zorrotza de Bilbao a terceira edición do Torneo de Seleccións Autonómicas de Hockey Liña. Entre a convocatoria da Selección Galega tres xogadores e un membro do corpo técnico do Clube guardés A Guarda Hockey Liña.

A porteira Sheila Silva e a xogadora Berta Gutiérrez forón convocadas pola Selección Femenina Sub20 e acadaron a segunda praza do torneo e o xogador Tomás Gutiérrez foi chamado pola Selección Galega na categoría alevín acadando a quinta praza.

Por outra banda o adestrador Miguel Fernández acudiu a cita en Euskadi coma membro do equipo técnico da Selección Galega, desenvolvendo as labores de xefe de prensa da expedición así coma as de colaboración cos Seleccionadores Galegos.