A Asociación Galega de Profesores de Matemáticas, AGAPEMA, e a Asociación de Profesores de matemática de Portugal, APM, organizarán esta fin de semana no concello de Tui, a fase final do concurso “Matemáticas na raia”.

Participarán os alumnos de 9º da Escola Básica de Aroes de Santa Cristina de Portugal e de 3º da ESO do IES Nº1 de Ordes.

Ademais da final do concurso, que se celebra alternativamente en Portugal e España, se realizará un roteiro matemático polo conxunto histórico de Tui, unha visita turística á cidade de Valença, así como un descenso polo río Miño.