Visitas guiadas, exposicións, conferencias, xornadas de debuxo, concertos, e gastronomía centran o amplo programa que ao longo do mes de setembro se vai celebrar en Tui baixo o título de “Setembro xudeu en Tui”.

Está promovido polo concello de Tui a través da Concellería de Turismo e Patrimonio e dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que a cidade celebra anualmente pondo en valor o seu importante legado xudeu. Nas xornadas este ano prestarase especial atención á figura do medico e filósofo tudense Francisco Sánchez, ao cumprirse o próximo 16 de novembro o cuarto centenario do seu falecemento en Toulouse.

A Asociación Europea para a Preservación e Promoción da Cultura o Patrimonio Xudues (AEPJ) da que forma parte a Red de Juderías de España  promove este ano estas xornadas en 35 países co lema “Memoria”, coma chave colectiva e individual que transmitiu e mantivo a cultura xudía ao longo dos séculos.

Ao longo do mes de setembro realizaranse visitas guiadas á colección de Sambenitos no Museo Diocesano, á Ruta Xudía de Tui, así coma por outros puntos de interese da cidade cos títulos “Nacemento e crise da comunidade xudaica, unha ollada no urbanismo histórico de Tui” ou  “Ourives xudeus e criptoxudeus tudenses” a cargo de Suso Vila, José Ramón Fernández, Rafael Sánchez Bargiela e Sara Quintana.

Dentro deste programa “Setembro Xudeu en Tui” poderanse visitar as exposicións “Tu pueblo será mi pueblo” cedida pola Red de Juderías no Anexo Sala Municipal de Exposicións e a mostra divulgativa sobre Francisco Sánchez na Corredoira.

Tamén ao longo do mes haberá distintas conferencias nas que Elyjah Byrzdett abordará “El problema converso” e Suso Vila, Rosendo Bugarín e Laureano Alonso distintos aspectos da figura de Francisco Sánchez.

Outras actividades serán o concerto que ofrecerá Marta Quintana na igrexa de San Domingos, ou a Xornada de Debuxo ao aire libre do patrimonio xudeu de Tui en colaboración co Colectivo de Urban Sketchers de Galicia e de Portugal.

A gastronomía estará presente tamén nestas actividades. Por unha banda dende este sábado e un total de catorce establecementos tudenses participan nas Xornadas Gastronómicas Sefardís ofrecendo pratos e tapas co ballacau coma protagonista. Amais Javier Zafra, cociñeiro e director do proxecto Sabores de Sefarad da Red de Juderías ofrecerá un obradoiro de elaboración e degustación de receitas de cociña xudeoespañola e unha conferencia sobre as claves e mensaxes da cociña xudía. Para estas dúas actividades é preciso inscrición previa en turismo@tui.gal.

Na praza do Concello esta colocada xa a “Porta da Memoria”. Tomando unha foto na mesma e compartíndoa nas redes sociais coas etiqueas #memoria e #redjuderias ou enviándoa ao correo  descubridores@redjuderias.org entrarase no sorteo de distintos premios a través da Red de Juderías, da que Tui forma parte.

O lema deste ano nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía “Memoria” é un concepto entretecido en moitos aspectos da vida e a práctica xudías, como é fundamentalmente no sentido de recuperación do pasado. Un concepto que permite seguir as pegadas e a memoria naqueles lugares onde houbo presenza xudía, e que a pesar da súa desaparición conserva aínda na actualidade unha herdanza e un patrimonio sen o cal non seriamos capaces de entender o presente, e cuxo legado, de xeración en xeración, constitúe un tesouro fundamental na transmisión da identidade.

Hoxe, temos a sorte de contar en Tui con testemuños materiais e inmateriais que permiten coñecer e pór en valor este importante e enriquecedor patrimonio. Cómpre lembrar que Tui forma parte da Red de Juderías de España, e que máis aló das actividades concretas organizadas ao longo do mes de setembro a Ruta Xudía conta cunha sinalización permanente e pode seguirse tamén a través de  Ruta Judia Turismo Tui cun itinerario xeolocalizado e con información complementaria á existente nos sinais.

Photocoll “Porta da memoria” na Praza do Concello

Xornadas gastronómicas sefardís: o bacallau

Establecementos participantes con oferta de  pratos e tapas

  1. Casa Pote. r/ Colón
  2. Cruceiro do Monte. Randufe.
  3. El Molino. Augusto González Besada
  4. r/ Seixas
  5. Época. Avenida da Concordia
  6. Ideas Peregrinas. r/ Porta da Pía
  7. Praza do Concello
  8. Monte Aloia.
  9. O Albergue. r/ Seixas
  10. O Novo Cabalo Furado. Praza do Concello
  11. O Vello Cabalo Furado. R/ Seixas
  12. Parador de Turismo San Telmo. r/ Tenencia
  13. Puro Sabor. r/ Ourense
  14. Tapas e Viños. r/ Seixas

Sábado, 2 de setembro

  • Ás 12.00 h Visita guiada “Nacemento e crise da comunidade xudaica, unha ollada no urbanismo histórico de Tui” polo historiador Suso Vila. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Domingo, 3 de setembro

  • Ás 12.00 h Visita guiada á colección de Sambenitos do Museo Diocesano polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Martes, 5 de setembro

  • Apertura exposición “Tu pueblo será mi pueblo” cedida pola Red de Juderías. Anexo Sala Municipal de Exposicións. Ata o 24 de setembro.

Mércores, 6 de setembro

  • Ás 20.00 h Conferencia Elyjah Byrzdett: “El problema converso”. Na Sala Félix Rodríguez González.

Domingo, 10 de setembro

  • Ás 12.00 h Visita guiada á colección de Sambenitos do Museo Diocesano polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. Inicio na Oficina Municipal de Turismo de Tui.

Xoves, 14 de setembro

  • Inauguración exposición divulgativa sobre Francisco Sánchez. No Paseo da Corredoira.

Sábado, 16 de setembro

  • Xornada de debuxo ao aire libre do patrimonio xudeu de Tui. En colaboración con Colectivo de Urban Sketchers de Galicia e de Portugal.
  • Ás 12.00 h Visita á Ruta Xudía de Tui pola historiadora da arte e guía oficial Sara Quintana. Inicio Oficina Municipal de Turismo.

Domingo, 17 de setembro

  • Ás 11.30 h Visita guiada “Ourives xudeus e criptoxudeus tudenses” polo historiador da arte José Ramón Fernández Fernández. Inicio na Oficina Municipal de Turismo
  • Ás 20.00 h Concerto de Marta Quintana. Na igrexa de San Domingos.

Mércores, 20 de setembro

  • Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez “A cidade de Tui na vida de Francisco Sánchez: entre a renovación urbana e a chegada dos xudeoconversos” por Suso Vila. Na Sala Félix Rodríguez González.

Venres, 22 de setembro

  • Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez “Francisco Sánchez médico” por Rosendo Bugarín. Na Sala Félix Rodríguez González.

Domingo, 24 de setembro

  • Ás 17.30  h Visita guiada ao patrimonio xudeu tudense. Inicio na Oficina Municipal de Turismo.
  • Ás 19.00 h Cociñando a historia. Elaboración e degustación de receitas do libro “Sabores de Sefarad, los secretos de la cocina judeoespañola” polo chef Javier Zafra. Na Praza de San Fernando. Prazas limitadas. Inscrición en turismo@tui.gal.

Luns, 25 de setembro

  • Ás 19.30 h Charla “Gastrosimbología, conocer las claves y los mensajes de la cocina judía” polo chef  Javier Zafra. Na Sala Félix Rodríguez González. Prazas limitadas. Inscrición en turismo@tui.gal.

Mércores, 27 de setembro

  • Ás 20.00 h Conferencia Francisco Sánchez “Francisco Sánchez, un tudense universal” por Laureano Alonso Álvarez. Na Sala Félix Rodríguez González.
  • Inauguración exposición biográfica sobre Francisco Sánchez. No Anexo Sala Municipal de Exposicións. Até o 16 de novembro.