Hoxe entregáronse os corenta e un primeiros composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, que reparte o Concello de Tui dentro do plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, entre aqueles veciños que así o solicitaron.
Esta mañá realizouse unha primeira entrega dos composteiros, recibindo os veciños e veciñas beneficiarios unha charla sobre o uso do composteiro a cargo da mestra composteira. Asistiron ao acto no Centro de Formación en Guillarei o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz.
Nas próximas semanas realizarase unha segunda entrega até completar o total de 81 composteiros dispoñibles. Unha vez superarada esta cifra crearase unha lista de agarda cos novas solicitudes que se vaian recibindo.
Estes composteiros están destinados a espazos de horta e xardín, son sinxelos de instalar, teñen unha estética axeitada, permiten controlar as condicións de humidade e temperatura e permiten obter compost entre seis meses e un anos.
Durante os dous primeiros anos levarase a cabo un labor de supervisión do emprego correcto do composteiro.