O Concello de Tui, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción, oferta dous cursos gratuítos de prevención de riscos laborais. Celebraranse na segunda quincena do mes de outubro no Centro Municipal de Formación en Guillarei.
Trátase dun curso de Nivel Básico de Prevención de Riscos Laborais para o sector da Construción cunha duración de 60 horas lectivas, e outro curso de Prevención de Riscos Laborais para traballos de Albanelería de 6 horas lectivas.
Estes cursos impartiranse do 14 ao 30 de outubro de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ofértanse 25 prazas en cada un dos curso, que se cubrirán por orde de inscrición. Os interesados teñen até o 30 de setembro para inscribirse presencialmente no Centro Municipal de Formación en Guillarei ou no 986 60 39 69 de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, ou enviando un correo electrónico co nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto a cfo@tui.gal.