O martes 20 de agosto, ás 18:00 horas, terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Gondomar titulada, A vila do século XIX. Será guiada por Antonio Soliño Troncoso.
O percorrido estará acompañado por dúas intérpretes en lingua de signos e tera unha duración de 3 horas e 15 minutos por un percorrido de 2.500 metros con dificultade baixa. O punto de encontro e remate será na Praza da Paradela