ALFREDO

O salón de exposicións do concello do Rosal acollerá este martes, ás 19:30 horas, a última das charlas do ciclo,Educar en Familia”, que levará por título “Límites, castigos e reforzo positivo”.

A charla estará impartida polo terapeuta Esteban Figueirido Woodford. Tratarase de dar alternativas positivas e solucións ante situacións de conflicto familiar. Establecer relacións de respecto, e fomentar a empatía entre os membros da familia.