Lembramos que son os últimos días para apuntarse nas actividades de verán do Concello de Tomiño.

O prazo remata o vindeiro martes 25 de xuño, excepto no caso do capus de piragüismo, que termina un día antes.

Até o momento contabilízanse 234 persoas inscritas:

  • Campamento urbán: 95
  • Fútbol: 33
  • Tenis: 25
  • Atletismo: 20
  • Campamento musical: 17
  • Piragüismo: 15
  • Skate: 12
  • Rugby: 7
  • Balonmán: 7
  • Pádel: 3

O trámite de inscrición pode realizarse a través da páxina web do Concello.