JORGE ALONSO // Xamaraina

A Asociación de Persoas con Discapacidade “Vontade”, organiza un festival solidario e Master Class Dance Aerobic, o vindeiro sábado 29 de xuño, ás cinco da tarde, no Pavillón da Carballa (Tomiño).

A clase de danza aeróbica estará a cargo do experto Vladimir Stoujinski comezando logo as actuacións de : “Salito” (guitarra flamenca); Zumba Stars; Grupo de Baile Xamaraina; Grupo de Gaitas Treboada Baixo Miño, e unha actuación sorpresa.

As persoas que asistan terán que doar 5 euros, co que entrará nun sorteo, e as menores de 8 anos, entrarán de balde.