Unha nova xeración de poetas de todas as idades debutou ao abeiro do Certame de Poesía Victoriano Taibo do Concello de Gondomar. O recital deu comezo este venres ás 21:15 horas no local situado na praza Rosalía de Castro de Gondomar. Pecharon o acto Marta Dacosta e Elba Pedrosa.

Os asistentes gozaron ademais, da voz de Masha Álvarez, gañadora do Premio de Poesía Victoriano Taibo de 2023, e das miñorás Fran Fernández Davila, gañador do Premio de Poesía Victoriano Taibo de 2019, Pedro Rodríguez Villar, director de teatro do Ar, Soledad García Riveiro, creadora dos paseos do Miñor, da chef literaria Raquel Fernández, e de Víctor Pérez, coordinador do Espazo Lectura, Nanda Misa, Sendy Pérez, Lucía Castellano, Aurora Grandal, Loli García Sotelo.

A eles uníronse voces do Morrazo e Negreira como Xabier Boubeta (Cangas), Montse García (Vigo), María Torea (Moaña), Eva Vázquez (Santa Comba) e Uxío Torreira (A Baña).

Ukiyo, Shoganai, Sakurafubuki, Shirnin-Yoku, Otsukaresama, Koi No Yokan, Mono No Aware, Kitsune Noyome Iri e Gaman foron os títulos en xaponés baixo os cales as e os poetas recitaron emparellados reflexando o seu carácter ou algunha característica da súa obra.

Despois do recital celebrouse unha sesión de micro aberto ca novísima e xa preniada poeta de doce anos Alexandra Alfaro Pérez, xunto a Celso Fernández Sanmartín e a baionesa Ana Melón.

Este acto, organizado polo PUGA, grupo de Promoción do Uso do Galego do Instituto de Estudos Miñoráns, forma parte da sesión do Ciclo Literario Miñorán do mes de abril, o mes do libro, co fin de promover a lingua e a poesía galegas entre a cidadanía do Val de Miñor.