A Guarda Hockey Liña
A Guarda Hockey Liña

O pasado domingo, as rapazas do equipo Feminino de A Guarda Hockey Liña visitaban a pista do Pavillón Municipal Daniel Cordido de Lugo para enfrontarse ao CHL Meigas, vixente campión da Liga Galega de Hockey Liña. A priori un desprazamento moi complicado que as rapazas da Guarda solventaron de maneira moi convincente acadando un valioso empate (1-1) de cara a clasificación da Liga.

Foi un partido moi intenso e con moitas ocasións de gol por parte de ámbalas escuadras que luciu un cero a cero no taboleiro en boa parte do encontro. As guardesas foron quén de romper a igualdade inicial faltando escasos sete minutos para o fin do tempo regulamentario.

A partires dese intre, as locales apretaron e lograron meter as guardesas na súa parcela de campo tentando o segundo gol á contra. Tras unha xogada embarullada, e a falta de un minuto e medio do final do partido, as lucenses lograron de novo o empate, resultado final do encontro que sabe a ciencia para o A Guarda Hockey Liña.