Contos COntados Biblioteca A Guarda

O pasado sábado, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda organizou unha nova sesión de «Contos contados» coa que conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao (que se celebra o 30 de xaneiro).

Neste caso a actividade comezou ás 11:30 horas contando cunha gran afluencia de persoas, na súa meirande parte nenos de curta idade acompañados polos seus pais e familiares.

A actividade consistiu en contar «Cuentos silenciosos», de Benjamín Lacombe, unha obra ilustrada en tres dimensións que lle da vida e volume a contos tradicionais dun xeito sorprendente, que fixo, sen dúbida, as delicias dos máis cativos e cativas da casa.

A continuación, realizouse un obradoiro que consistiu en decorar un mural con ilustracións adicadas a Castelao e unha pequena sorpresa para levar á casa.