Vía Galega, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para «propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira«. «Vai para tres anos que fixamos como semana de exhibición da bandeira a semana coincidente co aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala», apuntan.
Este ano, coincidindo cos 106 anos daquela efeméride, Vía Galega, fai un chamamento para que durante esta semana «se coloquen bandeiras galegas nas vivendas e a participar o día 23 de novembro ás 12 da mañá no izado da bandeira galega no lugar da Peralta en Camposancos, no que se lerá o manifesto e recitaran poemas de Marica Campo, Manuel María, e Pousa Antelo. Este acto decorrerá simultaneamente con outros moitos en diferentes localidades de toda Galiza», afirman.
Dende Vía Galicia explican que «cada vez é máis necesario impulsar campañas deste tipo para evitar o ocultamento dos nosos símbolos e para divulgar o seu uso por ser os que nos representan, identifican e recoñecen como pobo e fortalecen a nosa conciencia e cohesión nacional».