Víctor Santos é o novo adestrador do Gondomar CF trala marcha de César Sánchez. De 47 anos, está afincado en Vigo e procede do CD Boiro, ao que dirixiu a pasada campaña en Terceira División.
Nesa categoría tamén levou ó Negreira, e na Preferente ten experiencia en equipos como o Estudiantil ou Santiago. Ten moito traballo pasado en base, en categorías autonómicas e nacionais, como a División de Honra Xuvenil.
Asume o cambio de categoría e afronta o reto de avaliar proxecto e instalacións. Santos asegura que «tiven a oportunidade de falar con César e despois de ver cómo están saindo as cousas, creo que atoparei un plantel con gañas de gañar xa por primeira vez. Polo que me explicou César o equipo traballa ben e o corpo técnico traballou ben; a miña forma de traballar non será moi diferente, e si, quero ter o balón«.
Sobre a afición afirmou que «traballaremos para que chegue a primeira victoria canto antes, e mellor antes que despois«.
