Victoria e derrota para o Spartan Team de Tomiño no Barco de Valdeorras
Na imaxe, Fabio, Charly e Ismael Pérez

O pasado venres desprazáronse ata O Barco de Valdeorras, dous representantes do Spartan Team de Tomiño para participar na súa IX edición da velada Concello do Barco.

Fabio Montenegro do clube Tomiñés facía o 4º combate da noite ante un púxil local; nun combate no que foi mellorando en cada asalto, de menos a máis, pero non foi suficiente para levarse a victoria.

Pola súa parte, o goianés Charly López facía o 7º e último combate da noite (prato forte da velada), un choque intenso e con ritmo, no que Charly conseguía aguantar as fortes envestidas do ourensan Manuel Jiménez e dominar un combate no que finalmente se levou a victoria.