BANDALLO

O Círculo de Podemos Baiona comunica que o vindeiro venres, 27 de xaneiro, celebra a VII asemblea de Círculo. Terá lugar, ás 17:00 horas, na sala multiusos “Ángel Bedriñana” sita en R/ Carabela La Pinta -baixo na praza de abastos.

Na asamblea farán a presentación da proposta de documento organizativo que o Círculo vai presentar na II asemblea estatal de Podemos (Vistalegre), nos días 11 e 12 de febreiro. Asemesmo, explicarán o proceso da asemblea estatal.

Podes consultar tódalas propostas na web: https://vistalegre2.podemos.info/documentos/

Dende a formación explican que “elidiremos-la persoa responsable de participación, entre quenes se propoñan (a persoa terá que estar inscrita en Podemos) e tamén faremos unha descripción da situación que actualmente ten Podemos en Galiza”.