Mosteiro de San Estevo de Ribas de Miño

O Instituto de Estudos Miñoráns retoma as Xeiras Alén Miñor. O ano pasado, por estas datas, celebraron a primeira parte do ciclo de dúas Xeiras pola Ribeira Sacra, que rematamos agora con esta segunda proposta.

Durante dous días cativaran co encanto do Románico (case todas as referencias do século XII), mesturado cunha paisaxe de vizosa beleza. Paisaxe domesticada polo home nunha gran medida (viñedos) pero tamén con redutos case prístinos, como son os bosques de carballos, castiñeiros, sobreiras… que aínda amosan a súa beleza por aquelas terras.

ITINERARIO

Sábado 8 outubro

San Salvador de Asma (antigo Mosteiro Bieito, s. XII), Santa María de Camporramiro (s. XII), Santa María de Pesqueiras (Mosteiro Bieito, frondoso paseo de aproximación con vistas á ribeira do Miño, interesantes pinturas do s. XVII), San Pedro de Bembibre.
Para entender e dixerir mellor o que veremos, visitaremos unha Adega da contorna.

Domingo 9 outubro

Vinculada á obra do Mestre Mateo, percorreremos o Mosteiro de San Estevo de Ribas de Miño (s. XII), atalaia fermosa onde se albiscan os viñedos cos socalcos e parte do encoro do mesmo nome, San Paio de Diomondi (Románico rural, s. XII), breve paseo polos Codos de Belesar e a pequena Igrexa Románica de Santa María de Seteventos, cun interesantísimo conxunto de pinturas murais de finais do s. XV , un retablo barroco, unha cruz de prata do s. XVIII e pinturas góticas do s. XV no seu interior.

Seguindo a liña doutras xeiras, mesturarán elementos artísticos e históricos con pequenos percorridos por lugares de gran beleza paisaxística e natural. Teremos tempo para visitar algunha adega, coa colleita practicamente feita nesas datas. Como noutras ocasións, probaremos a gastronomía típica das terras que nos acollen.

CARACTERÍSTICAS DA VIAXE

DATAS: 8-9 Outubro

PREZO SOCIOS: 114 EUROS

PREZO NON SOCIOS: 124 EUROS

O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, co seguro, dúas comidas, un almorzo, os guías, a visita á adega e a pernocta no Hotel Mogay de Chantada.

As habitacións son dobres, haberá algunha tripla se alguén a solicita.

HORARIO APROXIMADO

SAÍDA DO AUTOCAR :

  • 8:00 de Gondomar o sábado 8 dende a explanada do Pavillón de deportes.

CHEGADA:

  • Noite do domingo 9 a Gondomar, mesmo lugar de partida. Entre 21:00/22:00

GUÍA:

  • Máis que Románico

Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao telefono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00. Asignarase un número a cada inscrito, que deberá citarse cando se faga o ingreso bancario.

Conta do IEM: ES 95 2080 5035 0730 4001 4164 de ABANCA

Unha vez feito o ingreso, agradecemos envíen o xustificante ao correo electrónico oficina@iem.gal o antes posible.

Non poderán facerse máis de 4 reservas por persoa.
Coordinador xeira: Pablo Casal (627 27 68 16)