O pasado venres, 11 de maio, visitou O Rosal, Perfecto Rodríguez Muiños, Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

O motivo da visita foi coñecer de primeira man as demandas do colectivo da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal, xa que esta escola infantil é unha das que máis solicitudes de matrícula ten. En concreto, para o vindeiro curso 2018/2019 quedaron en lista de espera 60 nenos aproximadamente, do Rosal e a comarca.

Á marxe desta cuestión, tamén se estableceron canles de comunicación para varias reparacións e melloras nas instalacións do centro.