Movido encontro o presenciado onte no campo de Penedo da Moo en Vigo, entre dous moi bos conxuntos, que demostraron un gran nivel competitivo. O partido trabucouse moito na segunda metade, se ben o oficio dos gondomareños permitiu saír cos tres puntos cara a Gondomar.

Na primeira metade os gondomareños controlaron o encontro ante un rival con moito empuxe, se ben percibíase que o encontro sería trabado e que habería que tirar de garra para conquerir algo positivo. A través do dominio do balón e madurando cada xogada en ataque, os visitantes levaban perigo sobre a meta de Badía. Os locais pola súa parte, tentaban de saír á contra pero unha atenta defensa conseguiu desbaratar as oportunidades dos homes de André.

Mediada a primeira metade un bo centro de Javichu foi rematado cun gran testarazo de Ramilo, que anotaba o 0-1 para o Gondomar. A partires de ahí, o partido trabucouse e con constantes faltas, non houbo un xogo fluido. Os locais empatarían cun bo gol de Rafa oito minutos máis tarde, se ben os visitantes non baixaron os brazos e seguiron facendo un partido moi serio. Cinco minutos máis tarde e dende a frontal do área, Javichu volvería adiantar ao Gondomar con gran gol pola escadra, facendo xustiza ao visto no terreo de xogo.

Antes do descanso houbo tempo para a polémica, pois o árbitro anularía un gol local marcado coa man, por falta sobre un David Bas que tívose que retirar en ambulancia, logo de sufrir un cobadazo na mandíbula, e non atoparse en condicións de seguir. Xa foi no desconto da primeira metade, polo que o mister fixo o troco no tempo de lecer, dando entrada a Pablo Ozores.

Na segunda metade Víctor Santos tentou de mentalizar aos xogadores da lea que lles agardaría nese tempo, se ben calquera instrución foi pouca. A permisividade arbitral e a tentativa de parcialidade en busca da compensación, fixo que o partido se quentase, se ben o oficio dos visitantes non entrando en leas provocou que conquerísen un resultado positivo.

O empuxe local nos primeiros minutos foi moi grande, pero sen a necesidade de que Sebas intervise salvo en dous accións puntuais. Apuntalou o mister o equipo dando entrada a Carlos Díaz e a Brais, tentando buscar a profundidade cun Kevin que entrou como extremo. Na contra meteu Ramilo o 1-3, pero non era o momento, e o gol foi anulado por fora de xogo para incredulidade de locais e visitantes. No tramo final o Gondomar soubo reter o balón e continuar traballando ás contras, e mesmo Ozores puido ampliar diferenzas.

Un Pablo que viña de recibir un cobadazo con ferida no mentón, polo que foi castigado con falta en contra e cartón amarelo por simular. O marcador non se movería pese a todo, e os tres puntos subirían ao taboleiro do Gondomar. O equipo segue sen coñecer a derrota e puntuando en campos complicados, e agora toca refrendar este bo arranque no derbi ante o Tebra, co que xogarán na casa na xornada catro.