Tras as vacacións de verán, regresa o programa «Medrando en Familia», posto en marcha pola Concellería de Benestar Social do Concello de Tomiño. Trátase dun programa de intervención socio-comunitario que busca influír, fundamentalmente, no benestar dos máis cativos e cativas e dar resposta a ese intervalo de poboación que conforma a primeira infancia, e tamén á rede familiar.
Segundo explica Cristina Martínez, concelleira de Benestar, ”a través de encontros e obradoiros, este programa promove a estimulación nun sentido amplo, a adaptación da intervención ás necesidades da familia e en relación aos menores, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna”.
Varias charlas, encontros e obradoiros marcarán esta nova edición do programa, no que se fará especial fincapé na busca dunha alimentación saudable. Para lograr este obxectivo, a iniciativa propón un encontro («Tres, dous, un…a comer) o luns 25 de novembro ás 17.30h, no Salón de plenos do Concello (haberá servizo de gardería pero é preciso inscribirse). Asemade, celebrarase un obradoiro sobre Nutrición infantil para familias con fillos/as de 0 a 24 meses (luns 2 de decembro ás 17.30h), e de +24 meses, o luns 9 de decembro ás 17.30h. Ambos os dous no Mercado Municipal.
Información das actividades:
Obradoiro estimulación temperá
Medrando co meu BB de 0 a 6 meses
- Venres ás 16:30 horas.
- Inicio 29 de novembro.
Medrando co meu BB de 6 a 12 meses
- Venres ás 17:00h
- Inicio 18 de outubro
Medrando e xogando de 12 a 18 meses
- Venres ás 17:30h
- Inicio 25 de outubro
Xogando e descubrindo de 18 a 36 meses
- Venres ás 18:30h
- Inicio 18 de outubro
- Espazo: escola infantil Galiña Azul de Tomiño (O Seixo).
Encontro «Tres, dous, un, a comer!»
- Luns 25 de novembro ás 17:30h
- Salón de plenos do Concello
- Nota: Haberá servizo de gardería (é preciso inscribirse)
Obradoiro nutrición infantil
Familias con fillos/as de 0 a 24 meses
- Luns 2 de decembro ás 17:30h
Familias con fillos/as de +24 meses
- Luns 9 de decembro ás 17:30h
- Espazo: Mercado de Tomiño