Nacho Campos

O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organiza este sábado a X edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C.

As regatas arrancarán ás 16:00 horas para todas as clases, coa posibilidade de dividir a mesma na metade para recoller tempos e asegurar a clasificación da proba.