Xoaquín Fernández Leiceaga

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) convídavos a asistiren este venres día 20 de xaneiro, ás 20:00 horas, ao segundo faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que intervirá Xaquín Fernández Leiceaga,  voceiro parlamentario do grupo socialista PSdeG-PSOE.

O acto será presentado por Paco Ferreira (Alcalde de Gondomar) e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Este evento será transmitido en directo coa colaboración  de K12 Comunicación e poderá seguirse igual e indistintamente dende a web do IEM e o Facebook do IEM.