Este xoves 12 de xullo, ás 18:30 horas, terá lugar a terceira xeira de verán polo concello de Gondomar: O Camiño da Nosa Sra. do Norte. Da Capela dos Remedios ao Pazo do Conde de Gondomar.
Esta actividade está dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e conta coa colaboración do concello de Gondomar. Será guiada por Antonio Soliño Troncoso. Haberá dous intérpretes en lingua de signos para xordos. O punto de encontro será no Auditorio Lois Tobio. Gondomar.