IEM // Xoán Doldán

O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, convídaos a asistir ao primeiro faladoiro de anticipación do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que intervirá o profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán García.

O acto terá lugar este venres día 2 de febreiro, ás 20:30 horas na aula do IEM, e será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM).

O contido da xornada tratará sobre a aplicación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a súa afectación, consecuencias e alternativas no ámbito rural.