Varias xogadoras e xogadores do Turonia GFG participarán en dúas das Selección oficiais que competirán este verán no Campionato Mundial de Fútbol Gaélico que se celebrará en Derry (Irlanda) entre os días 24 e 27 de xullo no Centro de Excelencia Owenbeg.
As finais disputaranse no Celtic Park de Derry City o 28 de xullo de 2023. Neste campionato participarán seleccións de todo o mundo.
Para a Selección Galega feminina do Turonia GFG foron seleccionadas as seguintes xogadoras:
- Silvia Álvarez (Porteira e capitana)
- Antonella Larrascq (Terceira/Segunda Liña)
- Raquel Gómez (Primeira/Segunda Liña)
- Sara Sánchez (Terceira/Cuarta Liña)
Isto é froito da gran tempada das rapazas: Campioas da Liga Galega, Sub-Campioas do Campionato Ibérico e Sub-Campioas da Copa All-Galiza.
- Para a Selección de Iberia Masculina do Turonia GFG foron seleccionados os seguintes xogadores:
- Rubén Mazás (Segunda Liña)
- Miguel García (Terceira Liña)
- Miguel Gómez (Cuarta Liña)
Este ano os homes fixeron unha boa tempada, acadando o segundo posto da 2ª División e xogando o partido de promoción contra o Estrela Vermelha de Santiago, saíndo derrotados. Por outra banda, proclamáronse Campións do Torneo Arribada Gaélica de Cambados.
Tamén hai destacar a Juan Larrascq, segundo adestrador do Turonia GFG feminino, que este ano tamén se suma a Selección Galega feminina como segundo adestrador.