Xosé Antón Rodríguez
Xosé Antón Rodríguez "Xuster"

A asamblea local do BNG de Oia elexiu a Xosé Antón Rodríguez “Xuster”, cómo candidato a alcaldía pola formación nacionalista para as próximas eleccións municipais.

Xosé Antón Rodríguez, que na actualidade é o presidente da Comunidade de Montes de Santa María de Oia, afirmou diante da asemblea que, “dou o paso a encabezar a candidatura do BNG, porque coma outros moitos veciños e veciñas, son conscente de que o noso concello está instalado nunha parálise crónica que repercute na calidade de vida da veciñanza e compre darlle a volta“.

Ademais, Xuster engadiu que, “Oia é un Concello con grandes posibilidades con unha costa privilexiada, un interior nas parroquias de Burgueira e Loureza coa riqueza paisaxística, gandeira, agrícola e gastronómica. Todo isto ten que ser conxugado creando un único ente que vertebre as parroquias do interior e costa“.

O candidatgo de BNG referiuse tamen “ás carencias en infraestructuras cómo o saneamento, o abandono do riquísimo patrimonio que atesoura o Concello, a desestructuración social, económica e territorial do que responsabilizou ao PP”, e concluiu con que,Oia necesita un xiro e rexeneración da institución municipal, un xeito novo de facer as cousas, un goberno que traballe”.