Presentan aos candidatos do PP a alcaldía de Tomiño e Gondomar coa presenza de Feijóo
Presentación de Paula Bouzós a alcaldía de Gondomar

Este sábado presentouse en Tomiño e Gondomar os candidatos a alcaldía ás respectivas localidades polo Partido Popular. Esteban González (Tomiño) e Paula Bouzós (Gondomar) serán os aspirantes a tomar o Bastón de Mando nos seus Concellos.

Os dous actos contaron con numeroso público e coa presenza do Presidente do Partido en Galicia; Alberto Núñez Feijóo, o cal reivindicou a estabilidade de Galicia fronte aos que gobernan baixo ás ordes de Podemos, nacionalistas e independentistas. É por iso polo que, para o líder do PPdeG, non hai goberno que goberne en España, xa que se atopa sometido a quen lle apoiou na moción de censura -e non aos intereses xerais dos españois-, “ao ditado de Podemos e en débeda permanente con nacionalistas e independentistas.

Esteban González, candidato á alcaldía de Tomiño

O líder dos populares galegos, que participou na presentación do candidato á Alcaldía de Tomiño, salientou que “ante os que gobernan só para unha minoría; ante os que se preocupan máis por pedir referendos de independencia, que non queren nin os galegos nin os tomiñeses; e ante os que hai tempo que xa non escoitan a quen precisamente deben servir e representar, eu digo Esteban González”.

Neste senso, salientou que o candidato combina xuventude e experiencia e que coñece ben as inquedanzas, reclamacións e necesidades do concello.

Esteban González
Esteban González, candidato á alcaldía de Tomiño

Paula Bouzós, compromiso por Gondomar

Tras o acto en Tomiño, o presidente dos populares galegos asistiu á presentación de Paula Bouzós, candidata á Alcaldía de Gondomar. Avogou porque, logo de case catro anos de tensión e crispación, é o momento de que o concello recupere a ilusión. “Ante as pelexas dos outros partidos, nós unidade e compromiso; ante a xordeira e a cegueira dos que gobernan, nós escoitar porque os veciños de Gondomar están fartos de que as súas reivindicacións caian en saco roto”, indicou.

Paula Brouzós
Paula Bouzós, candidata á alcaldía por Gondomar