En virtude dos moitos anos que Xulia Suárez exerceu a súa profesión no centro de saúde de Oia, recoñecendo así a súa laboura que sempre desenvolveu con profesionalidade, asistindo e acompañando ás nais no proceso de xestación e de crianza das súas fillas e fillos, traballo que levou adiante máis alá da súa profesionalidade, o Bloque Nacionalista Galego, ven de presentar no concello de Oia unha moción para que a praza do franquista José Solís Ruíz pase a chamarse «praza da matrona Xulia Suárez».
Esta iniciativa municipal do BNG conta co respaldo dun total de 1.110 sinaturas de veciñas e veciños de Oia que achegamos en proba do apoio popular recibido e que se levará a pleno municipal o vindeiro xoves ,25 de maio, ás 20:00 na Casa Consitorial de Oia.
Desde o Bloque Nacionalista Galego consideran que “Xulia Suárez ten méritos sobrados para ter un recoñecemento público no noso concello, xa que simboliza, polo traballo que realizou, o papel da muller. Rematando así coa desigualdade de xénero manifesta que existe no concello de Oia na denominación de rúas e prazas”.