coral_rosal
BRAIS MARTÍNEZ // Coral Agrupación Musical de O Rosal

Este fin de semana chega de novo, como cada verán, unha nova edición do Festival de Músicos Xoves, que se ven celebrando dende o ano 1989. 

O sábado 18 de agosto terá lugar na Praza do Calvario a partires das 20:30 horas o Festival de Bandas. Este ano contaráse coa participación de dúas interesantes formacións. Intervirán a Banda de Música Municipal da Estrada, banda do actual director, José Javier Bascoy e tamén contaráse coa banda ourensana “A Lira de Ribadavia”, que ven de gañar o Certame Internacional de Bandas de Música de Valencia, na súa 3ª sección. Rematará o festival a banda do Rosal cun programa de música española, no que Márcio Pereira será o protagonista co seu requinto.

O domingo 19 de agosto será o turno das corais, no Auditorio do Rosal, ás 20:00 horas. Contaráse coa presenza da Coral Polifónico de Vila Nova de Cerveira (Portugal), Coro Cantábile de A Guarda, dirixidos polo rosaleiro Avelino Ferreira e rematará a Coral da Agrupación Musical do Rosal.