La Plaza de O Seixo y el Concello de Tomiño.
RUBENS // La Plaza de O Seixo y el Concello de Tomiño.

O vindeiro xoves 16 de agosto, ás 19.00 horas, terá lugar a VIII xeira para todo público e de balde, organizada pola Concellalía de Turismo e Patrimonio, que dirixe Fátima Rodríguez, dentro do programa de verán “Tomiño Único”.

Nesta ocasión realizarase unha saída denominada “Mámoas, ouro e estrelas”, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), que será guiada polo experto Xosé Lois Vilar. Na mesma, haberá que desprazarse até a zona onde se localizan os xacementos de minaría romana, e mámoas, coñecendo ao mesmo tempo a toponimia da zona. Ao anoitecer, falarase das perseidas, agardando ver algunhas, e doutros temas relacionados coa astronomía, estrelas e constelacións.

O punto de encontro será a antiga escola de Cristelos, en Vilachán do Monte (parroquia de Barrantes) e a hora, ás sete da tarde (19.00h), aínda que nun primeiro momento estaba prevista para máis tarde. No seguinte link atópase a ubicación exacta: zona de encontro.

Coma novidade, salientar que a visita contará coa colaboración de dous intérpretes de lingua de signos para que as persoas con problemas de audición, poidan desfrutar tamén desta interesante proposta cultural, natural e etnográfica.

Dadas as características desta xeira, que durará unhas 4 horas, aproximadamente, os organizadores recomendan levar calzado e roupa cómoda, algo de abrigo e auga.