O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), a súa sección PUGA (Promoción do Uso do Galego) e as alcaldías de Gondomar, Baiona e Nigrán, celebraron o pasado venres 28 de maio ás 19:30h, a Gala da I Primavera Videoliteraria do Val de Miñor e a entrega de premios ás 22 gañadoras deste concurso celebrado no auditorio Lois Tobío en Gondomar, un evento pechado por mor da COVID.
Entre as modalidades de videopoesía e videorrelato repartíronse preto de 4.000 euros en premios, aportados polas alcaldías citadas e que na súa maioría (todas as categorías a excepción de Carballo) foron premios en vales que reverterán no fomento do consumo local, conseguindo así os dous obxectivos de fomentar a creación literaria e artística e por outra banda favorecer o consumo local.
Nos vindeiros días publicaremos nas redes sociais do IEM os vídeos premiados nas distintas modalidades.
Os premiados foron os seguintes:
Videopoema
C. Carballo
1º Ouro- «A meta», de Lucía García Giráldez
2º Prata- «Palimpsesto» de Raúl Costas Pereira
Accésit –»Cosmocidas» de Raúl Costas Pereira
Accésit- «Recordas» de Arancha Rodríguez Fernández e Emilio José Carral López
Accésit- «Fíos e novos tecidos» de Anubis Muñoz Orta
Accésit- «Somos auga» de Clara María Seco Pérez e José Pereira Silva
Xabaril
1º Ouro- «Lémbrame» de Nuria Costas Misa
2º Prata- «Muller» de Itziar Misa Da Cuña
Accésit- «A primavera» de Lois Cruces Pérez
C. Teixo
1º Ouro- «Que farei de maior?» de Héctor Costas Misa
2º Prata- «Nube de algodón» de Brenda González Lesme
Accésit- «Branco coma a espuma» de Isabella Martínez Villero
Accésit- «Soños cumpridos» de Anxo Lorenzo Misa
Accésit- «Unha brisiña» de Nerea Carvalho Figueiró
Bolboreta
1º Ouro- «Os avós da miña vida» de Xosé Lorenzo Misa
Videorrelato
Carballo
1º- Ouro- «A Ghallarda» de José Troncoso Barros
2º- Prata- «Formigas» de Laura Rodríguez Manso
Accésit- «Ollos de mar» de M. Carmen Alonso González
Accésit- «Unha vaca» de Raúl Costas Pereira
Xabaril
1º- Ouro- «Contraste» de Nuria Costas Misa
C. Esquío
1º- Ouro- «Salvemos o planeta» de Alexandra Alfaro Pérez
2º- Prata- «O xardineiro» Pepe de Carlota Fontelo Araújo

