Os Socialistas de Oia continúan dando a coñecer parte do traballo feito dende a oposición dende o ano 2019, «non deixando nin un momento de defender as carencias e necesidades que afectan aos veciños do municipio».

Despois dunha primeira e dunha segunda entrega na que se valoraron os traballos realizados ao longo do ano 2020, agora toca facer balance do realizado no ano 2021.

«Entre as principais cuestións tratadas no ano 2021 destacan temas como a COVID-19, a defensa dun escudo oficial de Oia e non un imposto dende a Xunta de Galicia que non reflectía a realidade do municipio e as súas características esenciais, as melloras dos viarios municipais, a loita contra os eólicos na Serra da Groba, a actualización do prezo/hora do SAF, a mellora da atención sanitaria no Centro de Saúde, a titularidade do Faro Silleiro, os problemas no saneamento, entre outras», din.

«Os problemas de atención sanitaria motivou a realización de mesas informativas e recollida de firmas para defender un servizo público sanitario e de calidade en Oia», engaden.

Resumo das informacións que se publicaron na web ao longo do ano 2021