ALFREDO

A Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible, con sede no campus da Universidade de Vigo, realiza o proxecto de I+D AGRIECO, que impulsa a recuperación de terras abandonadas mediante a produción ecolóxica de diferentes variedades de millo, incluíndo autóctonas.

Implicar as persoas da propia localidade en actividades que fomenten a cohesión social entre os seus membros e os vínculos co seu medio ambiente. Por este motivo, unha “Sementeira Comunitaria de Millo” con e para as persoas da parroquia de Chandebrito, grazas ao apoio e colaboración da Asociación Veciñal e Cultural ‘O Castro’ e a Asociación de Mulleres Rurais de Chandebrito. Esta actividade levarase a cabo o sábado ás 11:30 horas nunha finca situada na Cova de Lobos e conta con apoio institucional do Concello de Nigrán.

A actividade concíbese como un plan atractivo para levar a cabo en familia e que se adapta a todos os rangos de idade. Os máis pequenos acudirán a sementar o millo dunha forma divertida para que poidan aprender a reflexionar sobre os procesos naturais e a importancia de coidar o medio ambiente.

Unha contacontos, experta en dinamización sociocultural, narrará a historia do millo en Galicia. Esta actividade levarase a cabo no local da Asociación de Mulleres Rurais. De este modo, os máis pequenos aprenden os valores identitarios do patrimonio cultural rural galego, á vez que as familias recordan aquelas épocas nas que se cultivaba e sementaba millo de forma tradicional.

O proxecto AGRIECO promove a produción sostible e o consumo responsable de alimentos de Galicia. Recoñece as extraordinarias aptitudes do noso medio rural para a produción agrícola, conservando a biodiversidade e a paisaxe, evitando o uso de praguicidas e fertilizantes químicos.

Esta actividade tamén impulsa a alimentación saudable. O millo é un superalimento, moi baixo en calorías e rico en fibra e nutrientes. A produción de millo baixo condicións ecolóxicas, é segura para o medio ambiente e a saúde. O millo é o aliado perfecto para contribuír a paliar os malos hábitos de alimentación tan comúns neste século. Para que os nenos poidan gozar de este alimento en primeira persoa, terá lugar unha degustación de ‘pombiñas’ (flocos) de millo (‘palomitas’) ecolóxicas, as cales estarán recen feitas e listas para comer.

Implicar á sociedade é unha das accións máis necesarias para unha alimentación saudable e sostible. Javier Montalvo, Profesor de Ecoloxía na Universidade de Vigo e director da Fundación Matrix e do proxecto AGRIECO, afirma que “a mellor educación agroambiental e alimentaria é a que conecta ben coas persoas, a que chega máis ao corazón, que gusta e emociona”.