Nun comunicado os medios de comunicación, a Xunta de Galicia informa de que non lle consta a solicitude dos permisos esixidos para as obras de construción da traída da parroquia de Parada en Nigrán, cuxa instalación se iniciou malia non contar coa autorización pertinente.
Dende a Xunta apuntan que O Concello de Nigrán non solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio autorización para o inicio das obras, o que supón o incumprimento da normativa legal vixente, ao atoparse a construción preto dun xacemento prehistórico, e sen que poda considerarse tal a presentación dun proxecto de control e sondaxes previas.
O Goberno galego non pode tramitar o expediente mentres non o reciba do Concello de Nigrán. De xeito, afirman, que o inicio e paralización das devanditas obras son responsabilidade exclusiva da administración local, xa que non cumprimentou os trámites legais que lle correspondían.
