O alumno Rodrigo González Rouco, de 4ºESO, do CPI Covaterreña, foi o gañador do Concurso de deseño #Enreda na Rede, organizado pola Fundación Barrié e a Asociación ARELA, dentro do seu programa Ktorce18.
O alumno creou o slogan «Pensa antes de enviar…» e unha representación gráfica que o acompaña sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes, participando neste concurso a través do centro dentro da materia optativa de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
