O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para o Programa Campaña de Verán 2019 (campamentos) organizados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Os campamentos están destinado a mozos e mozas nados entre os anos 2001 e 2010. O periodo de inscrición comeza o día 23 de abril e remata o día 7 de maio.
Para máis información e/ ou presentación de solicitudes as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081.
