Agrupación Musical de Vincios
CEDIDA // Agrupación Musical de Vincios

A Agrupación Musical de Vincios celebra esta fin de semana os seus actos de Nadal no centro cultural da parroquia. Por unha parte, o sábado, ás 18:00 horas, terán lugar as audicións da Escola de Música e os concertos das bandas infantil e xuvenil.

Xa o domingo, ás 18:30 horas, celebraranse os concertos do Coro da A.M e da Banda A.M de Vincios que actuarán na compaña dos alumnos da escola de música. Este acto está adicado aos fundadores e directivos que pasaron pola institución e supón o peche ao 40 aniversario da fundación da escola de música. Neste concerto farase o tradicional sorteo das cestas de Nadal entre os socios da Asociación.

Ambos días farase unha recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e sanitarios (paracetamol, gasas, betadine,…) para os refuxiados do Pobo Saharauí.