AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL
Agrupación Musical de O Rosal

O vindeiro domingo, ás 18:30 horas, a Agrupación Musical do Rosal volve os escenarios co “Concerto de Primavera”. Desta vez actuará acompañados do Coro da Escola de Música e da Banda Infantil.

Abrirá este concerto a Banda Infantil dirixida por Celso Diego. A continuación tocaralle o turno a Agrupación Musical do Rosal baixo a batuta de José Javier Bascoy, que ten preparado un repertorio íntegramente galego, que abarca dende autores «de sempre» como García Rey ata outros contemporáneos como Antón Alcalde ou Carlos Rodríguez.  Na recta final do concertó, o coro dos nenos da escola poñerán voz a unha selección de temas de «Fuxan os Ventos», en arranxos de Carlos Seráns.

Para asistir será necesario recoller invitación gratuíta na oficina do Auditorio Municipal, ata completar aforo. Tamén se pode facer a reserva nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792.