A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba recibiu hoxe á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, nun encontro para coñecer, de primeira man, diversos proxectos municipais entre os que se atopan a senda peonil do Miño ou a transferencia das antigas dependencias da comandancia de Mariña.
A alcaldesa informou sobre as instalacións de Defensa ao carón do Miño, que fai anos albergaron as dependencias da comandancia de Mariña, que o concello traballa nun proxecto para instalación dun centro de integración de persoas con diversidade funcional. Este centro, que sería xestionado pola entidade “Vontade”, prestaría un servizo social para persoas con diversidade funcional con acceso aos deportes náuticos no Miño e contaría tamén con unha aula de interpretación sobre os recintos militares con que conta o río e a fronteira entre ambos países.
Sandra González tamén abordou coa subdelegada do Goberno a realización da senda peonil ao longo do seu concello na beira do río Miño. Este proxecto, que xa conta cunha parte concluída, contou coa participación da dirección xeral de Costas que realizou unha ponte para salvar un obstáculo natural no concello.
Ambos proxectos foron valorados pola subdelegada como “moi interesantes” e dinamizadores económicos “non só do propio concello de Tomiño senón de toda a comarca. Ademais servirán para poñer en valor o río Miño, un valor medioambiental que temos o compromiso de coidar en ambos lados da fronteira”, subliñou Maica Larriba