ALFREDO // CEIP Humberto Juanes

Nun comunicado de prensa, a ANPA de Humberto Juanes de Nigrán, denuncia públicamente á administración educativa pola súa falta de previsión no nomeamento de profesorado para este centro escolar.

Comunicado da ANPA:

1.- Falta por nomear á profesora titora de 1º de Primaria. A día de hoxe terceiro día de clase non se sabe que profesora virá. Os nosos nenos sen profesora e resulta doblemente denunciable pois trátase dunha baixa por maternidade algo que por Lei xa se contempla de obrigado cumprimento tanto para a administración educativa como para a empresa privada.

2.- Falta por nomear o apoio ao equipo directivo. Neste caso e nunha época na que a administración educativa fala tanto de que o nosos deben afianzar o seu perfil bilingüe, resulta que dende a Dirección a finais de curso solicítase ampliar as seccións bilingües e ao non nomear este apoio e dado que unha das especialistas de inglés está no equipo directivo, non é posible configurar o horario para cubrir as necesidades do centro. Polo tanto o centro vese a obriga de suprimir as seccións bilingües en 1º de primaria e en 5º de primaria.

O que parecía a finais de curso como unha mellora na calidade do ensino para os nosos fillos, xa que nos dous cursos anteriores a administración educativa si nomeou este apoio, nestes cursos e ante os recortes que se están a facer no noso ensino público, está a perxudicar notablemente a calidade da oferta do noso colexio.

3.- Por último, igualmente indicar que o centro e ante a gran demanda que ten co alumnado de NEE, solicita unha coidadora máis a tempo total, e non se lle concede. Novamente os recortes que a Consellería de Educación está a practicar no ensino público está perxudicando a calidade da oferta no CEIP Humberto Juanes.

Dende a ANPA pregan unha solución urxente que, de non ser así, non descartan presentarse a semana que ven no despacho do xefe territorial.

«Temos convocada unha asemblea da ANPA para o luns 16 de setembro onde, entre outros temas, trataremos esta situación tan grave que atenta contra a axeitada calidade do noso ensino público«, finalizan.