Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño organiza este venres, entre ás 09:00 e 11:00 horas, a Xornada Empresarial “Non te pares – Érguete!!”, acto central do Programa Érguete Emprega 2019, que terá lugar no Centro Cultural de A Guarda.

Neste acto os asistentes terán contacto directo con persoal de Recursos Humanos das empresas: Imerys S.A., Grupo Alliance (ETT), e con Xosé Alberte Cea – orientador laboral do Concello de Vigo, para coñecer de primeira man información sobre que traballadores buscan nas súas empresas ou que perfís soen requirir.

A xornada está aberta a todas aquelas persoas que queiran achegarse e coñecer un pouco mais as demandas de ditas empresas, así como as labores desta entidade.