Eixotolo

O Concello de Nigrán ofrecerá este sábado o ‘I Festival Folclórico Os Muíños do Xuncido’ con motivo das festas patronais de San Pedro da Ramallosa. Ante a ausencia de comisión este ano e co obxectivo de que non se perda a celebración desta data tradicional, o cocnello faise cargo da celebración.

O evento organízase coa asociación EixoTolo e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través de Pontegal.

Programa:

Sábado:

  • Ás 11:00 horas, actuación da Banda de Música Cultural de Arcade no recinto do Torreiro de Festas de San Pedro de A Ramallosa.
  • Ás 12:00 horas, oficiarse a Misa Maior.
  • Ás 20:00 horas, ‘I Festival Folclórico Os Muíños do Xuncido’, coa actuación inaugural do propio grupo de Camos (Nigrán) promotor deste evento que leva o seu nome, ‘Os Muíños do Xuncido’, seguidos de ‘ACR de Lagares da Beira’ (Coímbra-Portugal), ‘Ondiñas do Mendo’ (Salvaterra), Ronda típica da Meadela (Viana do Castelo, Portugal) e, finalmente, Grupo de Danza Pais de San Roque (Cangas do Morrazo).