O Clube de Remo Robaleira organiza este venres unha xornada de portas abertas para conmemorar o 30º aniversario deste clube deportivo da vila.
A xornada contará nas súas instalacións cunha exposición fotográfica, así como un serán con grupos de baile, gaita e cantos de taberna cunha sardiñada popular.
Nesta edición de San Pedro organizan unha gran fogueira que rematará co conxuro da queimada a cargo de Victoriano.