MELYTOUR

A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar (AVTG), convoca unha asemblea aberta para explicar a veciñanza o Anteproxecto do Plan de Transporte Público da Xunta de Galiza para a comarca do Baixo Miño e a zona sur da Comarca de Vigo, onde se encadra o concello, así como o conxunto do Val Miñor, e que entrará entrar en vigor en xaneiro de 2020.

O novo Plan de Transporte da Xunta para os próximos 10 anos está agora en período de exposición pública e o prazo para presentar alegacións remata o 22 de agosto.

A Portavoz da AVTG, Manuela Rodríguez, indica que “este novo plan reduce aínda máis frecuencias das liñas entre Gondomar e Vigo, non contempla algunha das paradas máis necesarias, non comunica Gondomar con Baiona, coa Universidade, co Meixoeiro, e segue sen dar resposta á maioría dos nosos problemas de mobilidade”.

Para explicalo e formular as alegacións necesarias para melloralo, a Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar convoca unha Asemblea Aberta para este xoves, ás oito da tarde no Auditorio Municipal de Gondomar. E fai chamamento á participación dos veciños xa que a mellora do transporte público colectivo depende de todos.